O “VIII Foro Inversor Red Bang”, que promove a Confederación Empresarial de Ourense e que se desenvolverá mañá 29 de maio no Pazo do Castro barquense, prevé a presentación de seis novos proxectos. Supoñerán un investimento próximo aos dous millóns de euros e tres deles levan sinatura ourensá; dous foron presentados por madrileños, e ten a súa orixe en Cartaxena o sexto.
O “Foro Investidores” organizou unha reunión dos autores dos seis proxectos empresariais con posibles investidores, buscando que estes últimos acheguen financiamento para levalos a cabo.
Os citados proxectos están dirixidos á creación de servizos de descontaminación de solos; restauración de certos danos sufridos por vehículos; fabricación e comercialización da “Salsa Perico”, para utilizar nas comidas; aluguer de coches por internet; venda de farois de seguridade; finalizando cunha proposta para fabricar un sistema de protección de motoristas.
Ademais, once emprendedores, tres deles do Barco -Ingeofisa, planta de biosfera e centro de saúde- presentarán as súas iniciativas para recibir asesoramento.
Fuente:http://www.laregion.es