|
Un lote de dezaseis seminarios formará aos empresarios nos sistemas informáticos
O 'Plan Avanza', que promove a Dirección xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información organizou un programa de 16 seminarias sobre o uso de internet, que se desenvolverán en O Barco.
Un programa de 16 seminarios permitirá que os empresarios da bisbarra actualicen os seus coñecementos de informática. Promóveos a Asociación Empresarial de Valdeorras, que preside Javier Rodríguez, e desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro. Esta iniciativa foi denominado "Valdeorras web 2.0" e forma parte do "Plan Avanza", que financia a Dirección xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Os asistentes recibirán información referida os sistemas informáticos baseados nas tecnoloxías de creación de redes semánticas, participación "on-line" e utilización do sistema de traballo de software libre. Os organizadores consideran que as empresas que participen nos seminarios estarán "máis capacitadas para optimizar os seus procesos de traballo, a colaboración dos empregados e a sua mentalización acerca das vantaxes das novas tecnoloxías", segundo afirma o colectivo empresarial. A duración das actividades oscilará entre as dous e as tres horas, en función da materia analizada.
Fonte:
http://www.laregion.es/
|