CastellanoCastellano
Inicio
La Región, 24-07-9 PDF Imprimir Correo-e
O comercio valdeorrés inviste medio millón de euros en melloras para os seus negocios

Un total de 34 establecementos comerciais da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva), que preside Javier Rodríguez, investirán medio millón de euros na modernización e mellora dos seus locais, sempre apostando pola calidade e a innovación.

 subvencion-delorur.jpg

As reformas inclúen desde a adaptación ou ampliación dos locais ata a adquisición de mobiliario ou a compra de equipos informáticos para os seus negocios. Tamén recollen a consecución de caixas rexistradoras e inclusos sistemas antirroubos incorporados aos produtos.

Este grupo de comerciantes valdeorreses presentou os seus proxectos á Deputación provincial para participar no programa ‘Delerour', recibindo unha subvención total de 134.838 euros para executalos. 

Fonte: http://www.laregion.es/


 

 
 

Boletín de Noticias