CastellanoCastellano
Inicio
La Región 21-12-2008 PDF Imprimir Correo-e
Sorteo de talóns de compra.

A Asociación empresarial de Valdeorras (AEVA) e o Centro Comercial Aberto organizaron actividades de animación para facer máis amenas as compras do nadal.

O sábado, 27 de decembro, a partir da 17.00 horas, na rúa Miguel de Cervantes de A Rúa, haberá un taller de circo co nome de "Malabarista a pista".

Para facilitar as compras de última hora, os sábados, 27 de decembro e 3 de xaneiro abrirán os establecementos pola tarde.

Ademais, os establecementos integrados en AEVA, que participan na Campaña de Nadal 2008 repartirán, entre os seus clientes papeletas para o sorteo dun talón de compra de 1.200 euros repartido en 12 mensualidades e 33 talóns de compra de 100 euros.
 

 
 

Boletín de Noticias