CastellanoCastellano
Inicio
La Región,02-07-2009 PDF Imprimir Correo-e
A patronal aposta polas empresas relacionadas co medio ambiente

Corenta persoas asisten ás xornadas desenvolvidas pola aula ruesa de UNED-Ourense.

O presidente dos empresarios de Valdeorras, Javier Rodríguez, apostou pola creación de empresas relacionadas co medio ambiente dentro das xornadas organizadas pola aula ruesa de UNED-Ourense, acerca das Enerxías "renovables". Nas primeiras actividades participaron 40 cursillistas.

A sede ruesa de UNED-Ourense, situada no colexio Manuel Respino, reniu a 40 cursillistas dentro das xornadas acerca de "Enerxías Renovables: Desenvolvemento territorial e oportunidades de emprego". Na cita participaron personalidades do mundo da Formación, política, empresa e sindicatos.

Durante a xornada inicial, o presidente da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva), Javier Rodríguez, defendeu a creación de empresas relacionadas co medio ambiente na bisbarra. Segundo apuntou, pode ser unha actividade alternativa á produción da lousa.
O empresario barquense interviu na mesa redonda que pechou o programa do primeiro día. Con el participaron neste acto o alcalde do Barco e o secretario provincial de FIA-UXT, Alfredo García e José Paradelo, respectivamente, así como o profesor de UNED-Ourense Roberto Fernández. Pero o programa de actos do día abriuo o profesor de UNED-Ourense Antonio Doval, que falou da importancia das enerxías renovables.
A continuación desenvolveuse unha mesa redonda, na que se abordaron os pros e os contras das enerxías xeotérmicas, eólica e hidráulica. Interviñeron Alfredo Fernández (Ingeo), Rafael García (Proventor Enerxías Renovables) e Miguel Ángel López.
Na organización das xornadas colaboran o diario La Región, a Fundación Caixa Galicia e o Concello rues.

Unha barbacoa con lápidas do cemiterio

Un momento de la mesa redonda

Unha das anécdotas da primeira xornada deste ciclo da aula ruesa de UNED-Ourense partiu do técnico superior do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, Francisco Prado Vilares. Durante a súa exposición, que se centrou na Lei de Costas, apuntou como exemplo de construción ilegal un muro erguido na costa coruñesa, de cuxo nome preferiu non acordarse, no cal se ergueu unha barbacoa con lápidas dun cemiterio.

Fonte: http://www.laregion.es/

 
 

Boletín de Noticias