CastellanoCastellano
Inicio
La Región, 30-05-09 PDF Imprimir Correo-e

Seis emprendedores presentan os seus proxectos a un centenar de empresarios da provincia.

Cen empresarios e banqueiros atenderon as explicacións de seis emprendedores que buscan financiamento para os seus proxectos no “Foro Inversor Rede Bang”. A cita foi organizada  pola Confederación Empresarial de Ourense no Barco. 

O presente e o futuro do empresariado provincial deuse cita nas dependencias do Pazo do Castro, no Barco. Máis dun centenar de empresarios e representantes de financieiras  asistiron ao “XI Foro Emprendedor-VIII Foro Inversor Rede Bang (Business Angels Network Galicia)”. Este orimeiro encontro en Valdeorras promovido pola Confederación Empresarial de Ourense foi posible grazas á colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva).

Estos foros pretenden achegar os proxectos dos emprendedores aos investidores que poderían financialos e clausurounos o censelleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández. Non faltou á homenaxe tributado polos empresarios ao valdeorrés Honorato López Isla, que deixa Unión Fenosa despois de 37 anos tras ocupar o posto de conselleiro delegado.

O titular galego de Economía e Industria non descoidou referirse á crise económica e afirmou que , perante esta situación, “un goberno debe dar exemplo e reducir os custos. Ser austeros”. Ademais, Javier Guerra di que este “e o momento de facer as cousas mellor. As empresas fanas os empresarios, non as administracións públicas”, dixo e angadiu a necesidade de tomar medidas “a curto e a medio prazo. Hay que dar respostas”.

Para contestar ás peticións de axuda para a comarca que realizou Honorato López e ás súas alusións ao monocultivo industrial da lousa, o conselleiro indicou que mantivo reunións cos pizarristas en Quiroga e Monforte (Lugo). En referencia aos problemas que atravesa este sector, indicou ademais que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) estuda solucións para as necesidades financeiras do sector. Ademais, dixo que traballa nun " plan de internacionalización". 

Emprendedores participantes en el foro

“Un referente”

O presidente da CEO, Francisco Rodríguez deixou a representación do colectivo ao seu vicepresidente, o barquense Santiago Melo, quen considerou ao homenaxeado como "un referente que terán os xoves empresarios que hoxe nos presentan os seus proxectos".

Tamén acudiu o presidente de Aeva, Javier Rodríguez, quen indicou que “a única solución para a crise son as iniciativas, pero se non hai financiamento as ideas non se levan a cabo".


“Un programa que se debería exportar”

“Ver como unha confederación empresarial apoia tan decididamente aos emprendedores é algo que se debería exportar”, comentaba Andrés Hermida, director xeral de Promoción do Emprego, nada máis finalizar a inauguración do “Foro Inversor Rede Bang”.

Os emprendedores comparten este apoio polo programa empresarial. “Estas iniciativas son boas, coñeces a xente de moitos sitios. Despois, se sae ou non, xa é outra cousa”, comentou o ourensán Pedro Fernández. O seu proxecto para fabricar “Salsa Perico” é un dos seis que foron presentados aos inversores tralo aprobar os analistas.

Acudiron outros dous emprendedores ourensáns: os de “Biotecdes”, orientado á descontaminación de solos, e “Auto Restore”, para restaurar danos en coches. Os outros tres proxectos proceden de Madrid (dous) e Cartagena.

Fonte: http://www.laregion.es/

 
 

Boletín de Noticias