Formación Ano 2011


   CastellanoCastellano
Inicio arrow Notas de Prensa arrow FOMENTO ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DA CARRETERA DA PIZARRA
FOMENTO ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DA CARRETERA DA PIZARRA PDF Imprimir Correo-e

FOMETO ADXUDICA A REDACIÓN DO PROXECTO DA PIZARRA

O Ministerio investirá 1,5 millóns na elaboración do documento e na expropiación dos terreos afectados.

O pasado día 8 abriuse o sobre coa oferta económica, e hai gañadora. Neste caso dous, pois é a unión de dúas firmas a que  saliu gañadora no concurso para redactar o proxecto da circunvalación do Barco, tamén chamado carretera da pizarra. Así o anunciaba o alcalde, Alfredo García,que sinalaba que este era "o último punto,ahora pasa xa a adxudicación provisional"

En días pasados enviouse a documentación dende a Coruña (onde se levou a termino o proceso de adxudicación) a Madrid. Será dende o Ministerio de Fomento dende onde agora se contrate o traballo. "Será de maneira provisioal  para que agora a empresa entregue o resto da documentación antes de levarse  a cabo a adxudicación definitivas, explicaba García.

Nuns tres meses.

  No que respecta ós prazos o rexidor barquense consideraba que a firma do contrato non se formalizará "ata dentro de dous ou tres meses". Será pois, unha tarefa que competerá ó novo goberno, que salirá das eleccións do domingo.

A empresa asxudicataria dispón dun  máximo de 1,5 millóns de euros para a redación do proxecto constructivo, así como o pago das expropiacións dos terreos afectados. A nova vía busca dar unha saída  ós camións da pizarra dende Sobradelo, e evitar que teñan que pasar polo casco urbano. Salirá da estrada N-536, no cruce co Millarouso. Tras cruzar o cause fluviai a través da ponte, entrará na montaña o través dun túnel para  atravesar a zona do Serro e chegar ata A Veiga de Cascallá (en Rubía) onde está previsto que enlace coa futura A-76.

La Voz de Galicia 16 de novembro de 2011