|
FOMENTO ADXUDICOU A REDACIÓN DO PROXECTO DA CIRCUNVALACIÓN
Unha unión temporal de empresas, na que participa Ayesa, redactará o proxecto da construción do enlace entre as estradas N-536 e N-120, tamén conocida coma a circunvalación do Barco. O anuncio da adxudicación provisional foi realizado onte polo Alcalde do Barco, Alfredo García Rodríguez.
A mesa de contratación reuniuse recentemente na Xefatura de Estradas de Galicia e, tras adxudicar inicialmenteá consultoría e asistencia técnica do proxecto, remitirá o expedente os servizos centrais do Ministerio de Fomento. Senón xurden imprevistos, os traballos poderán comezar nun prazo de tres meses, segundo cálculos do rexedor.
A redación do proxecto foi adxudicada cunha baixa do 28%, o que sitúa o orzamento de adxudicación nuns 1.048.024 euros.
O enlace entre as estradas N-120 e N-536 é unha obra que reclaman dende hai anos os concellos do Barco e Carballeda. Por esta infraestrutura discorre a gran maioría do tráfico do sector da pizarra, co conseguinte perigo cos numeros vehículos pesados supoñen para o resto dos vehículos. O problema agravase na vila barquense, que os trailes deben cruzar para sair a citada N-120 e abandonar a comarca.
A lonxitude da futura estrada é de 5, 7 kilómetros. A memoria inicial prevé a construción de cinco viaductos, un paso superior e dous inferiores. O deseño da calzada foi calculado para unha velocidade de 80 kilómetros a hora e deberá analizar a mellora da seguridade vial dos ciclistas.
La Región 16 de novembro do 2011
|