|
Charla sobre o estauto de Traballo Autónomo |
|
|
|
|
La Región, 20 de Outubro de 2009
O Estatuto de Traballo Autónomo será analizado hoxe nunha xornada que organizou Aeva no Consistorio de O Barco.
O salón de actos do Concello de O Barco acolle hoxe, a partir das oito e media da tarde, unha xornada técnica sobre o Estatuto de Traballo Autónomo. Está organizada pola Federación de Autónomos de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Relacións Laborais e
a Consellería de Traballo e a Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva).
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer a Lei 20/2007, do 11 de xullo do Estatuto de Traballo Autónomo, así como as consecuencias que lle derivan da súa entrada en vigor.
Fonte:http://www.laregion.es/
|