|
APOSTA POLA TECNOLOXíA
A Asociación Empesarial de Valdeorras ,Aeva, foi creada hai 21 anos co fin de xestionar e defender os intereses dos empresarios asociados e favorecer o desenvolvemento socio económico da comarca de Valdeorras e coordinar a súas actividades coas institucións públicas e privadas a favor de lograr melloras nas insfraestruturas e inversións na zoa.
Na actualidade aglutina a casi 400 empresas de sectores que abranguen dende o comercio e os servizos pasando pola construcción, os transportes e o mundo vitivínicola, entre otros. "Dende a súa creación, Aeva ha ido crezendo e logrando que se sumasen novas empresas. Ne sequera a actual crise que se esta viviendo logrou co número disminua o que demostra o bo facer da Asociación Empresarial de Valdeorras.
Unha das áreas nas que fai un especial fincapie é na formación dos asociados. "Contamos cunha aula punteira tecnolóxicamente falando na que impartimos cursos de formación e reciclaxe empresarial xa que consideramos ca preparación é un elemento esencial para o futuro."
En canto ós proxectos "no camiño da aposta polas novas tecnoloxías, presentamos un proxecto perante a Xunta para que, mediante unha aplicación para teléfonos móbiles, todas as empresas da asociación estiveran na rede. Deste xeito, calquera persoa que visite a comarca pode atopar un servizo cun comercio determinado dende o seu móbil. Trátase duna forma de aproveitar o turismo para dinamizar económicamente a comarca"
Outras das apostas para este ano é fomentar novas ideas emprendedoras, "para elo, mediante concursos de ideas e dende as escolas e a formación en cursos queremos que xurdan novas ideas que dinamicen económicamente a zona" finaliza Javier Rodriguez.
DINAMIZACION
A Asociación Empresarial de Valdeorras, Aeva, abrangue a comarca de Valdeorras, situada no extremo nororiental de Ourense limítrofe con Castela-León. Ten unha extensión de 969 Km2 e os seus 30.000 habitantes repartense nos nove municipios ca integran: O Barco, O Bolo, Carballeda, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín.
Na Asociación atópanse representados os distintos sectores productivos implantados na comarca (comercio e servizos, construcción e obras públicas, metal, madeiras, vitivinícola, transportes, hostalaría, profesionaís e grandes empresas).
A asociación Aeva traballa na elaboración coas distintas institucións públicas e privadas tanto nas actuacións que teñen que ver coa defensa dos intereses das empresas asociadas como nas labouras da organización de todo tipo de actividades na posta en marcha de proxectos a favor da dinamización, divulgación e xeración de novas actividades.
Dende o ano 2009 Aeva é un centro colaborador co Servizo Público de Emprego de Galicia.
La Voz de Galicia 17 de novembro do 2011
|