|
A RÚA BUSCARÁ ANIMAR AS VENTAS CUNHA FERIA DE OPORTUNIDADES
Os comercios trasladaránse o pavillón dende o 9 ó 11
Animar as compras previas o Nadal e sacar dos almacéns produtos doutras tempadas é o dobre obxectivo dos comerciantes da Rúa que andan inmersos na organización dunha feira de oportunidades.
A cita será no pavillón polideportivo, "seguindo un formato parecido o feito o ano pasado", comentaba Ángeles Diéguez, da zapaería Lúa e respresentante do sector comercio na asociación empresarial de Valdeorras. E as datas na ponte de decembro. Solo que en lugar de elixir a primeira metade, nesta ocasión os días previstos para animar as compras son entre o 9 e o 11. De feito, xa teñen as instalacións reservada para as datas, segundo confirmaba o alcalde, Avelino García.
A feira, que o ano pasado pechouse con máis de 3.500 visitas, é un escaparate para os comercios locais, que comparten espazo con negocios foráneos. Así, na edicción do 2010 (que tamén foi a primeira que se fixo) participaron máis de 60 expositores. Había todo tipo de artigos, unha idea que a organización quere repetir no vindeiro mes. E neso andan. "Aínda non temos pechado o número de comercios participantes" engade Dieguéz. Nesta mesma semana estánse levando acabo as reunións para pechar ó número de interesados. Neste caso prevese que sexa alto cumplindo co balance da feira do ano pasado, cando o sentir xeral era que a cita serviu "para sacar as mercadorias que na tenda van saindo moi lentas" segundo confesaba uns dos aspirantes na primeria edicción.
La Voz de Galicia 17 de novembro do 2011
|