Formación Ano 2011


   CastellanoCastellano
Inicio arrow Notas de Prensa
Notas de Prensa
OS EMPRESARIOS QUEREN ABRIR O DEPÓSITO DE AUGA
Luns, 21 de Novembro do 2011

OS EMPRESARIOS QUEREN ABRIR O DEPÓSITO DE AUGA

As industrias da Raña abastécense da traída dende hai uns nove anos

O depósito de auga construído en Vales hai uns nove anos nunca foi usado, a pesar de que o subministro de auga para o uso industrial é unha das principais carencias das industrias ubicadas no parque empresarial de A Raña, no Barco. "Estamos loitando pola auga industrial. Mentras gastamos da traída", dixo o portavoz dos industrias do polígono barquense, José Antonio Iglesias.

O deposito foi construído no 2002 por Xestur-Ourense, pensando en bombear o auga do río Sil que discorre a pouco máis de 100 metros do parque empresarial. Sen embargo, nunca foi utilizado ó carecer do permiso para o bombeo. 

A Confederación Hidrográfica Mió-Sil afirmou onte que "a concesión esta a punto de resolverse" Engandiu coa tramitación comenzou hai dous anos, cando Xestur-Ourense presentou os documentos que lle habían solicitado. "Pediuse información ó peticionario e non a enviou", dixeron fontes do organismo xestor dos cauces fluviais.

O servizo de auga industrial será aportado ó parque empresarial que ainda ten pendente de vender 23 parcelas da segunda e terceira fases, finalizadas hai máis de tres anos. A crise, os precios do solo (70 euros por metro cadrado) e o seu gran tamaño, dificulta a súa comercialización, segundo os empresarios. Xestur afirmou que "está pendente de tomarse unha decisión definitiva sobre a cuarta fase" que reservou o Barco Infraestructuras.

La Region 10 de novembro 2011

 
Os empresarios apostan polo autoemprego
Xoves, 13 de Outubro do 2011

O fomento do "espírito emprendedor" e do "autoemprego" son os obxetivos que persegue a Asociación Empresarial de Valdeorras coas accións formativas para desempregadas de 2011, que foron prestadas no Pazo do Castro barquense.

As iniciativas son subvencionadas pola Consellería de traballo e Benestar, e incluen prácticas en diferentes empresas, que comezarán nos próximos días. As accións formativas que organizou o colectivo que preside Javier Rodríguez Paradelo foron impartidas por Ana Belén Otero Paradela, que dirixiu o curso de "Venta de productos e servicios turísticos", e Daniel Guzmán Cima e José Luis Otero Tuñas que se ocuparon do denominado "Operacións Básicas de Cociña". dsc01598p.jpg dsc01583p.jpg

 

 

 

 

 

 

 

Fonte: La Región

 
Aeva poñe en marcha "Valdeorras-Comercio dixital"
Xoves, 13 de Outubro do 2011

Esta iniciativa de la Asociación de Empresarios tiene como objetivo acercar el uso de las nuevas tecnologías a sus asociados, utilizando para ello la plataforma de comercio electrónico Prestashop como caso práctico.

dsc01536p.jpgNa situación económica actual, o uso das novas tecnoloxías da sociedade da información é vital para calquera empresa, polo que resulta primordial que estén ó día nesta materia.

Os obxetivos que se pretenden alcanzar con este proxecto son, entre outros, dar a coñecer os conceptos básicos do comerco tradicional e a sua evolución hacia a era dixital, o funcionamento do comercio electrónico, a lexislación mercantil aplicable, a tecnoloxía a emplear, a importancia do coidado da presencia das empresas na rede, tanto a nivel de promoción dunha tenda online como da identidade ou reputación dixital, exemplos de marketing na rede, o dar a coñecer a importancia das redes sociais como medio de promoción e difusión da empresa.

Para elo, entre o 19 e 29 de setembro, en horario de 20 a 22 horas, desenrolaranse os siguientes seminarios:

- A evolución do comercio tradicional de cara á  dixitalización.
- Qué é o comercio electrónico.
- Actores dunha plataforma e-commerce.
- Cómo montar unha tenda virtual con Prestashop (Software libre). 
- Cómo potenciar o comercio na rede.
- Técnicas de marketing dixital.
- Técnicas de posicionamento en Internet (SEO-SEM):
- Cómo convertir ó cliente no noso comercial virtual.

Os participantes nestos seminarios contarán cos coñecementos precisos sobre o uso de Internet, e as ferramentas disponibles para o uso da sociedade da información, co que pretendese conseguir que as suas empresas alcancen un maior índice de competitividade e eficacia.

Éste proxecto está financiado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, no marco das axudas destinadas a actuacións de difusión relacionadas co desenrolo da sociedade da información.

 

Fonte: Euro

 
Os empresarios apoian a busca de emprego
Mércores, 06 de Xullo do 2011
Un programa desenvolvido pola Asociación Empresarial de Valdeorras 'Aeva', que preside Javier Rodríguez Paradelo, axudará a atopar un posto de traballo aos desempregados que teñan problemas para buscar unha ocupación. A iniciativa foi promovida polo Servizo de Orientación Laboral do colectivo.


O programa está dirixido a aqueles dos 2.016 parados da comarca, segundo a estatística de xuño, que teñen 'dificultades de inserción laboral'. Os desempregados serán enviados pola oficina barquense do Instituto Nacional de Emprego (Inem).

O programa inclúe a realización de entrevistas individuais aos desempregados, a quen se instrúe para mellorar os seus perfís profesionais. Ademais, o técnico de Aeva detectará as debilidades formativas dos aspirantes, a quen axudará a elaborar o seu deseño curricular e as cartas de presentación ás empresas, coas que estará en contacto.

A duración é de medio ano e non establece un máximo de desempregados, cuxo número depende do Inem, que onte aínda non enviara a ninguén. En todo caso, na primeira edición deste programa, que os empresarios comezaron en 2010, participou máis dun centenar de parados. Os organizadores prevén que a participación sexa maior este ano, pois a duración aumentou de tres a seis meses.

Na actualidade, só o servizo barquense do Inem e Aeva ofrecen os servizos de orientadores laborais.

 

Fonte: La Región

 
Os empresarios fixeron balance dos seus logros no ano 2010
Luns, 27 de Xuño do 2011

O sábado celebraba a Asociación de empresarios valdeorreses (Aeva) a súa asemblea anual, na que fixeron repaso dos logros conseguidos en 2010 e os retos de cara ó presente ano 2011. Entre os asuntos pendentes, Javier Rodríguez, presidente de Aeva, destacou os referentes ás infraestructuras en materia de comunicacións.

Un momento de la asamblea. (Foto: )É que a asociación empresarial centrou unha boa parte do seu traballo de 2010 'nas demandas máis urxentes, comenzando polo estado do firme da N-120 no tramo que discorre entre o punto kilométrico 441 -alto de Biobra- e o límite coa provincia de León', sinalou Rodríguez. Aeva enviou un escrito ó xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e ó xefe da Unidade de Estradas en Ourense informándolle da importancia desta obra. A resposta de ámbolos organismos 'non foi a esperada pola sociedade valdeorresa', explicou o presidente dos empresarios.
 

Tamén dentro desa lista de asuntos pendentes situouse a construción da A-76, freada mentras non se resolva o contencioso entre Fomento e a Xunta referente ó impacto ambiental na Serra da Enciña da Lastra.

No capítulo de proxectos, Aeva presentou o da creación dun Centro de Hostelería como un dos obxetivos prioritarios polos que se vai traballar durante o presente ano 2011.

 

Fonte: La Región

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 6 - 10 de 61