CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI
Foro Valdeorras Século XXI PDF Imprimir Correo-e
 

O Foro Valdeorras Século XXI constitúese no Barco o día 6 de setembro de 2007, coa presenza das seguintes institucións:

• Concellos da Comarca de Valdeorras: O Barco, A Rúa, Vilamartín, Carballeda,  Rubiá, Petín, Larouco, A Veiga e O Bolo.

• Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e Asociación Galega de Pizarristas (AGP)

• Deputada Autonómica pola comarca de Valdeorras: dona Carmen Acuña (PSOE)

• Deputados Provinciais: don Alfredo García (PSOE) e don Moisés Blanco (PP)

• Representante comarcal do BNG 

• Nesta primeira reunión acordouse incorporar aos sindicatos comarcais (UGT, CCOO e CIG) e ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, que xa participaron na segunda e na terceira  reunión celebradas o día 20 de decembro de 2007 e o día 19 de xuño de 2008, respectivamente.

 

 Foro Valdeorras Século XXI

 

Foro Valdeorras Século XXI

O Foro Valdeorras Século XXI nace co obxectivo de analizar o futuro de Valdeorras  e consensuar coas forzas políticas e sociais un documento base  das necesidades da comarca para presentalo ante as distintas administracións públicas competentes.

O documento consensúase na primeira reunión (6 de setembro de 2007) e preséntase ante as Consellerías con competencia na materia.

O Foro Valdeorras Século XXI representa, a través das institucións integradas no  mesmo,  ós 40.000 habitantes da comarca.