Formación Ano 2011


   CastellanoCastellano
Proxecto Formativo 2011 PDF Imprimir Correo-e

 

PRL PARA TRABALLOS DE ALBAÑILERÍA: 

Informamos que desde AEVA, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción, retomamos a campaña de Prevención de riscos laborais, organizando a acción formativa denominada PRL Para traballos de albañilería (20 horas).

Trátase de formación de 2º ciclo, específica do posto de traballo, e obligatoria no sector da construcción desde a entrada en vigor do IV Convenio Xeral do Sector da Construcción.

O curso impartirase os venres pola tarde (en horario de 16:00 horas a 21:00 horas) e os sábados poa mañá (en horario de 09:00 horas a 14:00 horas) os días 28 e 29 de Outubro y 4 e 5 de Novembro.

O coste do curso bonificarase mediante descontos nas cuotas da Seguridade Social. As empresas dispoñen dun mínimo de 420 euros (empresas de 1 a 5 traballadores) para formación. Este importe increméntase en función do número de traballadores da empresa.

 

Os interesados en participar nesta acción formativa deben formalizar a súa inscripción no Centro de Formación de AEVA na Praza Andrés de Prada, a través do e-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou no teléfono: 988684772.
Agradeceríamos formalicen a inscripción na maior brevedade posible, xa que o número de prazas dispoñible é limitado.

Para cualquera información adicional, ponte en contacto coa nosa asociación.

  1. CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS SECTOR METAL

Desde AEVA, en colaboración coa Fundación Galega do Metal (FORMEGA), iniciamos unha campaña formativa en materia de prevención de riscos laborais para o SECTOR do METAL, confórmana unha serie de cursos de carácter obrigatorio tal e como establece o Acordo Estatal do Sector do Metal para as empresas que traballan en obras en construción.

Esta formación será necesaria para poder solicitar o Cartón Profesional da Construción para o sector do Metal e entrar en obra.

Destinatarios: Formación destinada a traballadores das empresas do metal que realizan actividades do Metal en obras en construción (CNAE 4211, 4221, 4222, 4299, 4321, 4322, 4329, 4332, 4399 e aqueloutras actividades do sector que leven instalación, reparación ou mantemento en obras de construción).

Accións Formativas:

PRIMEIRO CICLO DE FORMACIÓN: Nivel Inicial: 8 horas

SEGUNDO CICLO DE FORMACIÓN:

- Formación para directivos de empresa (10 horas) en modalidade presencial e semipresencial

- Formación para os responsables e os Técnicos de execución da actividade (20 horas)

- Formación para mandos intermedios (20 horas)

- Formación para delegados de prevención (50 horas)

- Formación para administrativos (20 horas) en modalidade presencial e semipresencial

- Formación para ferrallado (20 horas)

- Formación específica en electricidade, traballos de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de alta e baixa tensión (20 horas)

- Formación para fontanaría e instalacións de climatización (20 horas)

- Formación para a instalación de ascensores (20 horas)

- Formación para operadores de aparellos elevadores (20 horas)

- Formación para operadores de equipos manuais (20 horas)

- Formación para as instalacións, reparacións, montaxes, estruturas metálicas, cerrajería e carpintaría metálica. (20 horas)

- Nivel Básico de Prevención das actividades do metal na construción (60 horas)



Lugar de impartición: Centro de Formación de AEVA (Praza de Andrés de Prada nº 2 1 planta teléfono: 988684772 mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver )

Horario e datas: Pendente de confirmación, dependendo dos grupos que se vaian . formando

Todos estes cursos realízanse de forma bonificada mediante descontos nas cotas á Seguridade Social. As empresas dispoñen dun mínimo de 420 euros (empresas de 1 a 5 traballadores) en créditos á Seguridade Social para formación. Este importe increméntase en función do número de traballadores da empresa.
  2. NIVEL BÁSICO DE PREVENCIÓN

Segundo o establecido no Real Decreto 604/2006, de 19 de maio polo que establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, esíxese unha formación mínima de nivel básico de prevención de riscos laborais no sector da construción de 60 horas para levar a cabo os Recursos Preventivos dunha empresa.

Por iso, AEVA en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense ACO e coa Fundación Laboral da Construción, organizará esta acción formativa obrigatoria de Nivel Básico de 60 horas (20 h presenciais e 40 h a distancia).

As datas e horarios están pendentes de confirmación.


Todos estes cursos realízanse de forma bonificada mediante descontos nas cotas á Seguridade Social. As empresas dispón dun mínimo de 420 euros (empresas de 1 a 5 traballadores) en créditos á seguridade social para formación. Este importe increméntase en función do número de traballadores da empresa.


Os interesados en participar nestas accións formativas deben formalizar a súa inscrición no centro de formación de AEVA sita na Praza Andrés de Prada, tamén a través de e-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou ao teléfono: 988684772.
Agradeceriamos formalicen a inscrición o máis axiña posible, xa que o número de prazas dispoñibles é limitado.

 

 

 

FINANZAS PARA NON FINANCEIROS

AEVA, coa colaboración de Método Consultores, dentro da oferta formativa para o ano 2011 organiza un curso, dentro da área de Desenvolvemento Profesional, denominado “FINANZAS PARA NON FINANCEIROS”. O obxectivo do curso é o de proporcionar aos profesionais ou futuros profesionais de áreas non financeiras da empresa, os coñecementos teórico prácticos necesarios para entender os principios, fundamentos e terminoloxía das finanzas empresariais cos que convivirá no seu desenvolvemento profesional.

En particular exponse os seguintes obxectivos:

  - Expor de forma clara e precisa os conceptos e terminoloxía crave da "linguaxe financeira", para responsables e técnicos non financeiros.

  - Posibilitar a comprensión e análise dos estados contables (balance e conta de resultados) partindo dun nivel básico.

  - Facilitar a interpretación da situación patrimonial e económica da empresa, a través dos principais instrumentos de análise económica-financeiros.

Este curso exponse desde un enfoque que permite debullar todos os elementos importantes que debe coñecer calquera profesional cuxa competencia implique niveis de responsabilidade na toma de decisións sen coñecementos contables. Por este motivo preténdese abarcar toda a realidade financeira da empresa, máis que profundar en partes dela.

Metodoloxía:

Combinarase a exposición teórica imprescindible para a comprensión dos temas tratados con casos prácticos que permitan unha adecuada asimilación dos materiais, todo iso nun ambiente distendido que fomente a interrelación entre os participantes e entre estes e o relator. Os casos prácticos serán tratados mediante a metodoloxía de discusión do caso, que permite ao alumno a aplicación práctica a un caso real dos coñecementos adquiridos. Cada alumno disporá dun computador que contén un programa de contabilidade que dará soporte práctico ás explicacións achegadas polo docente.

Duración e lugar de execución:
O curso ten unha duración de 30 horas que se impartirá no Centro de Formación de AEVA situado na praza de Andrés de Prada nº 2 1 planta de O Barco os venres pola tarde de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 09:00 a 14:00 horas. Os días son 27 e 28 de maio, 3-4 e 10-11 de xuño.

Custo do curso: O curso ten un custo por alumno de 190€ no que se inclúe a impartición e o material didáctico entregado.

Docente: Dona Mayte Fernández Rodríguez (Licenciada en Económicas especialidade Economía Pública pola Universidade de Vigo. Profesora asociada na Universidade de Vigo do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Docente de Formación Profesional Ocupacional en cursos FIP).


Para máis información chamar ao teléfono 988 68 47 72