|
Convenio con Grupo Enercom |
|
|
|
|
CONVENIO GRUPO ENERCOM
AEVA firmou un convenio de colaboración coa empresa Grupo Enercom, SC, cuxa actividade consiste na prestación de servizos para a optimización e aforro do consumo enerxético (tanto das compañías de electricidade como das de gas), revisando a facturación da empresa, verificando e analizando as facturas, e asesorando e negociando a ofertas de outras compañías.
O servizo é de balde para as empresas que teñan contratadas tarifas 2.1 A, 2.1DHA, 3.0A e 3.1ª, e que teñan un consumo anual de ata 350.000 KWh.
As empresas que teñan contratada a tarifa 3.1 e que teñan un consumo anual superior a 350.000 KW, e ás empresas que teñan contratadas as tarifas 6.1A, 6.2A, 6.3A, 6.4A e 6.5ª, cobraráselles unha pequena porcentaxe do aforro anual obtido no estudio.
|