CastellanoCastellano
Inicio arrow Axudas e Subvencións arrow Economía e Industria
Consellería Economía e Industria PDF Imprimir Correo-e

Resolución do 19 de xuño de 2009 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para que os traballadores autónomos poidan tramitar as axudas para a compra de ordenadores persoais a través das entidades colaboradoras coa Consellería de Economía e Industria, e se procede á publicidade da relación das ditas entidades colaboradoras seleccionadas ao abeiro da Orde do 26 de xuño de 2008 (procedemento administrativo IN533A, publicado no Diario Oficial de Galicia número 129, do 4 de xullo de 2008).

Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a adquisición de equipamento industrial e se procede á súa convocatoria. (Procedemento administrativo IN530B).

Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización e se procede á súa convocatoria (IN515B).

Orde do 5 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para o fomento da propiedade industrial, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009,(IN525A).

Orde do 18 de marzo de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastrestorre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2009, e se procede á súa convocatoria (IN420A).

Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2009, e se procede á súa  convocatoria (IN420A).

Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a renovación de instalacións eléctricas de baixa tensión no interior de edificios e vivendas habitadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN410B).

Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e as entidades colaboradoras para a renovación de equipamentos individuais de gas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para o ano 2009 das axudas para a adquisición dos novos equipamentos.

Orde do 4 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria, para o ano 2009, de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego. (Código de procedemento IN216A).

Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. (Código de procedemento IN224A).

Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN214A).

Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a implantación do distintivo de calidade do comercio galego, fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe dos establecementos comerciais, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN217A).

Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concurrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais de Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN218A)

• Plan renove de fiestras: Rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfiles, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos. O prazo de convocatoria para o ano 2009 ampliase ata o 10 de Outubro.

Orde do 9 de xaneiro de 2009 pola que se modifica a orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (procedemento administrativo IN514B). 

 Orde do 28 de abril de 2008

Orde do 31 de decembro de 2008  pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, e se procede á súa  convocatoria (procedemento administrativo IN520A)