|

AEVAemprego é un programa financiado polo Servizo Público de Emprego e pola Xunta de Galicia, que inclúe distintas accións, todas gratuítas, para mellorar a situación de desemprego da Comarca de Valdeorras, é dicir, para conseguir que as persoas desempregadas que participan nel atopen traballo coa maior brevidade posible.
Un dos obxectivos do programa é proporcionar instrumentos (orientación, formación, prácticas e intermediación laboral) que permitan desenvolver e fortalecer as habilidades profesionais, coa finalidade de inserir laboralmente aos participantes.
O programa inclúe diversas accións pero fundamentalmente trátase de que Aeva actúe como mediadora entre os desempregados e o mundo empresarial. E por isto que contamos coa maior e máis actualizada base de datos de profesionais desempregados da zona e facemos de intermediadores coas empresas para lles facilitar, na maior brevidade posible, a incorporación de traballadores axustados aos perfiles que precisan.
|
|